A Praza de Abastos de Ribadeo, sabe a proximidade, a terra e a mar, a verduras de tempada e a peixe fresco.
- Un lugar histórico e monumental.
- Un lugar onde facer a compra diaria. A excelencia comeza na cesta da compra.
- Un templo dos produtos frescos , de tempada e con moito sabor. Coidamos da túa saúde.
- Un lugar vinculado á calidade e con atención personalizada.
- Un espazo para o encontro e as relacións sociais.
- Un lugar defensor do valor do local, da nosa economía e creador de emprego.
- Unha comunidade de coñecemento. Cada un experto no seu.
- Apoiamos a redución de emisión de gases contaminantes: os medios que transportan os produtos de lugares afastados provocan elevadas emisións de CO2.
- Ofrecemos produtos de tempada: así poderás comer de xeito máis san a un a mellor prezo.
- Sabemos de onde veñen os alimentos: polo tanto a calidade está máis asegurada.
- Mercándolles aos produtores e produtoras locais apoiamos o desenvolvemento sostible dos negocios: con ingresos dignos a poboación fíxase e isto beneficia todos os veciños e veciñas.
- Ofrecemos comida local é variada: os negocios locais non producen en masa polo que se poden dedicar a pór no mercado unha oferta diferente.