O mercado de Abastos de Ribadeo, un espazo onde se atopa a historia, a arquitectura, a tradición e a calidade e frescura dos produtos de proximidade.
Aquí poderás atopar unha ampla gama de produtos hortícolas, carnes e peixes todos eles produtos da zona.
O mercado de abastos de Ribadeo aporta calidade de vida á cidadanía como impulsor dunha dieta sa equilibrada e como o principal abandeirado e defensor da produción e consumo local.
O mercado de Ribadeo combina o futuro ofrecendo novos servizos adecuados ás necesidades comerciais de hoxe e tamén ten a mirada posta no pasado, xa que o edificio que o alberga é un reflexo da historia e da vila e a súa cidadanía.