"A horta de Ribadeo na túa mesa"

Presentamos as produtoras da horta de Ribadeo que apostan pola venda directa, sen intermediarios como forma de garantir unha oferta de produtos frescos e tempada, de circuíto corto , dándolle valor a agricultura a través da posta en contacto da cidadanía coas persoas produtoras e os seus produtos.
 
Todas estas persoas apostaron polo campo, a horta e o coidado de medioambiente que facilitan que teñamos unha vida máis saudable e un medio máis sostible.